Sunday 05 de May de 2024

Os nenos e nenas do Lousame Concilia celebran obradoiros de antefaces e filloas


 

Os nenos e nenas que participan na Ludoteca de Entroido de Lousame celebraron hoxe dous obradoiros lúdicos: un de elaboración de antefaces de Entroido e outro de receitas, no que elaboraron filloas que despois paparon tras adornalas con distintas larpeiradas do seu gusto. Lousame Concilia é un programa de conciliación da vida laboral e familiar posto en marcha polo Concello de Lousame en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.